Pieza escénica + “Poesía para niñas bien”

Oitavamarabilla

AS LOUCAS SOMOS TODAS, EN A OITAVA MARABILLA.

Por Ana Abad de Larriva, periodista.

O Teatro Aforo, en Vigo, vén desenvolvendo unha programación de pezas teatrais de formato curto, dentro da súa convocatoria Breverías. O domingo 25 de xuño de 2017 presentouse A oitava marabilla, con dramaturxia e dirección de Laura Porto, a partir de textos de Txus García (http://txusgarcia.com/) traducidos ao galego.

A estrea da peza, con temática queer, coincidiu en datas coa programación do Orgullo LGTBIQ+ 2017. A oitava marabilla é unha proposta que consegue condensar nos seus quince minutos de duración unha serie de imaxes e de efectos moi interesantes e moi potentes arredor dos estereotipos da identidade de xénero.  Comeza cunha voz que sae de dous altofalantes, en disociación coa persoa á que, oculta tras as cortinas, só se lle ven os pés, calzados cuns zapatos vermellos calcetíns brancos e a parte baixa dunha saia ou vestido branco. O son dos zapatos contra o chan, e o son dun roce que parece dun globo xera grima nalgunhas persoas do público. Sae a persoa que está detrás das cortinas; é Chelo, que leva posto un vestido de primeira comuñón que parece quedarlle curto e non abrocharlle.

A oitava marabilla fala dos estereotipos da identidade de xénero, das imposicións de xénero, xa dende a nenez: das braguiñas de marca Princesa, dos zapatiños relucentes, de como prepararse para entrar nun vestido, de entrar no vestido que alude ao de noiva e, á vez, a un vestido de comuñón que queda pequeno, a un vestido de baile de graduación de alguén a quen non sacan a bailar, que ve como todos ao seu redor se bican, se acarician… Alude á conversión das nenas en mulleres “desexosas de agradar”. Fala de non encaixar nos canons de beleza, de que te chamen “patética gorda” -ou, véñenme a min lembranzas da nenez, “neno con saia”. Porque, como di o poema “¡Cuidado!”, de Txus García, “las locas somos todas”; e A oitava marabilla é unha peza que consegue facer conectar a espectadora, e tamén o espectador, coa súa propia experiencia, se está o suficientemente aberto para facelo. É unha peza que transcende as etiquetas e que tamén xoga coa comicidade, coa estrañeza, co contraste coa seriedade, coa alusión directa ao público, que queda descolocado cando as dúas actrices din o texto “¡Coidado!”, cunha rabia e cunha forza que racha un pouco coa identificación anterior, debido ao berro das actrices, que ten un efecto violento, mais que tamén fai conectar axiña, de novo, co que se está a dicir.

Resultan moi interesantes os xogos visuais e aquilo ao que aluden o pano vermello e as pezas de froita -os tres plátanos que come Chelo e a papaia que come Lidia- e o efecto que ten no público, tamén cando Lidia cuspe as pebidas da papaia na man de Chelo; a manipulación dunha actriz á outra; a diverxencia de accións entre as dúas actrices; o proceso de transformación de Chelo, que se afeita coa axuda de Lidia, que quita o vestido…

Destaca a fisicidade no descubrimento dos corpos, cando venda o peito, cando peitea o cabelo cara atrás… Hai un momento especialmente cómico co baile das dúas da canción Macho Man, de Los Sultanes. Outra canción que inclúe a peza é La revolución sexual, de La Casa Azul. O final culmina a transformación. A de Chelo; descubríndose que ela e Lidia representan dúas fases da mesma persoa; en palabras de Lidia: “Este era eu; este son eu”. E a do espazo da sala, coas mondas, as luvas e o vestido no chan.

Ficha técnica:

Intérpretes: Chelo Todeschini e Lidia Veiga.

Dramaturxia e dirección: Laura Porto.

Con textos de: Txus García.

Data e lugar: Domingo 25 de xuño de 2017, no Teatro Aforo, en Vigo.

*As fotografías do artigo son de David Rodas.

Fuente original.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s